Proxecto
Teatro Playback Galicia

A nosa historia
No ano 2011, Darío Gómez González foi estudar a Salamanca, onde viviu durante sete anos. Alí descubriu o Teatro Playback, grazas á compañía Entrespejos e á súa mestra, Ana María Fernández Espinosa.
En 2018, volveu a Vigo, a súa cidade natal. Entón decatouse de que non había grupos de Teatro Playback activos en Galicia e viu claramente a necesidade de crear este proxecto.
Desde entón, creamos un equipo co que ofrecemos formación, espectáculos e promovemos esta disciplina.
A nosa misión
O obxectivo de Teatro Playback Galicia é promover o Teatro Playback, os seus beneficios e formar as primeiras xeracións de practicantes en Galicia.
Cremos que faríamos unha gran contribución á sociedade se calquera persoa ou entidade en Galicia que o precise puidese aproveitar os beneficios do Teatro Playback.
Obxectivos
No territorio galego, o proxecto ten os seguintes obxectivos:
- Promover o Teatro Playback, os seus valores e os seus beneficios.
- Crear unha escola con altos estándares de calidade.
- Formar as primeiras xeracións de practicantes.
- Apoiar a creación e a profesionalización de compañías.
Que actividades levamos a cabo?
- Unha escola cun programa de formación de catro anos en Vigo.
- Obradoiros intensivos de fin de semana por todo o territorio.
- Funcións abertas ao público.
- Creación de contido informativo e educativo en Internet.
- Conferencias.
O noso modelo
Temos un enfoque profesional e profesionalizante. Cremos no Teatro Playback con altos estándares de calidade, algo que só podemos acadar deste xeito.
Somos unha escola, pero tamén algo máis que iso. Tamén queremos ser:
- Un viveiro de compañías e formadores.
- Unha plataforma para a difusión do Teatro Playback.
- Un instituto que investiga posibles aplicacións e vías de desenvolvemento.
Ademais, o que nos distingue é que poñemos especial énfase en promover o Teatro Playback e os seus beneficios a través de todos os medios que temos á nosa disposición.
Para manterte ao día das nosas actividades, cursos de formación e próximas representacións, séguenos en Instagram.
