Doa

Ese é o diñeiro que estimamos necesario poder realizar unha campaña de divulgación sólida e cubrir os gastos estruturais que nos permitirán garantir a sustentabilidade do proxecto a longo prazo mediante formacións e funcións.

Estes fondos investiranse principalmente na produción de vídeos e outros materiais educativos que estarán a disposición pública na internet en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Neste sentido, ademais de axudarnos a cumprir o noso obxectivo de divulgar o Teatro Playback en Galicia, estaremos a facer un servizo á comunidade internacional de Teatro Playback.

Entendemos que un dos principais obstáculos que afronta o Teatro Playback é que, sen asistir a unha función ou a sesións regulares, é difícil comprender ben en que consisten e os seus beneficios. Isto convértese nunha dificultade á hora de chegar a máis público, formar a máis alumnos e que empresas, programadores culturais ou responsables de programas sociais entendan que están a contratar e por que deberían facelo.

Se logramos divulgar con eficacia as bondades do Playback e iso permítenos construír unha estrutura sólida de audiencia, programadores e beneficiarios ao redor de Teatro Playback Galicia e do Teatro Playback en xeral, poderemos brindar esta ferramenta a moita máis xente para o seu beneficio.

Mentres realizamos esta tarefa, estamos a nos dedicar a documentar todo o noso proceso para que, se ten éxito, outros grupos de Playback ao longo do mundo poidan replicar este modelo, multiplicando os recursos educativos dispoñibles na rede, a audiencia e o alcance aos seus beneficiarios do Teatro Playback ao redor do mundo.

Por todas esas razóns, agradecemos cada pequeno donativo. O esforzo en forma de moitas pequenas contribucións económicas de individuos e organizacións pode ter un impacto significativo no futuro de moitas comunidades humanas.

Non pasa nada. Cada pequeno donativo será de utilidade.

Recibimos cada pequeno donativo e irémolo investindo sucesivamente segundo a produción de cada contido educativo e divulgativo vaia resultando viable. Iremos progresando paulatinamente, e aínda que nunca alcanzásemos a cifra desexada, iremos contribuíndo con pasos sucesivos cara á realización da nosa misión.

SN

Sandra Nufi

Decembro 20, 2024

💛🐚

Donativos Amount Donated
€10,00
GDPR Cookie Consent with Real Cookie Banner