O obxectivo das nosas clases regulares é formar aos estudantes en todos os papeis necesarios para levar a cabo espectáculos e obradoiros de Teatro Playback da máis alta calidade: interpretación, presentación, dirección e liderado.

En última instancia, queremos que desenvolvan a capacidade de levar a cabo os seus propios proxectos de Teatro Playback.

A nosa formación regular consiste nunha clase semanal de dúas horas e media, de setembro a xuño, ambos inclusive.

Tamén inclúe a participación en arredor de seis funcións abertas ao público ao ano, xa que cremos que a verdadeira aprendizaxe vén da práctica.

Temos un itinerario formativo de catro cursos:

  • Primeiro: iniciación en Teatro Playback e formación no rol de actuación.
  • Segundo: formación no rol de actuación e iniciación á condución.
  • Terceiro: formación no rol de actuación, condución e introdución á dirección.
  • Cuarto: formación no rol de actuación, condución e dirección.
    Desenvolvemento do proxecto de fin de estudos.

O cuarto ano acompáñase opcionalmente dunha formación paralela en xestión e liderado de proxectos.

Esta formación culmina na creación do teu propio proxecto de Teatro Playback: liña de investigación, compañía, aplicación da ferramenta a un contexto, etc.

O obxectivo deste proxecto debe ser promover a implantación do Teatro Playback en Galicia ou noutros lugares.

A superación deste proxecto dá dereito á obtención dun certificado de idoneidade avalado por Teatro Playback Galicia, que cualifica ao estudante como formador de Teatro Playback.

É necesaria experiencia previa en teatro?

Non. Pode participar calquera persoa maior de idade que estea física e mentalmente capaz de participar na actividade.

É obrigatorio avanzar no itinerario formativo?

Non. Avanzar polos roles ata chegar ao proxecto final leva un mínimo de catro anos, pero pódese prolongar todo o tempo que o estudante desexe ou precise.

É posible pasar máis anos estudando e non avanzar na formación ata que o estudante se sinta preparado.

Onde e cando se imparte o curso?

Nas nosas instalacións na Rúa Esperanto, Vigo, os luns (grupo de principiantes) e mércores (grupo avanzado) de 19:00 a 21:30. Agardamos abrir pronto outros grupos en diferentes horarios e lugares.

Canto custa o curso?

45 € ao mes por estudante. Podes pagar por Bizum ao 626 24 12 38 ou en efectivo.

Non vivo en Vigo e gustaríame que houbera cursos de formación na miña cidade

Interésache a formación en Teatro Playback?

GDPR Cookie Consent with Real Cookie Banner