Inicio – Galego

Teatro Playback Galicia

O Teatro Playback é unha forma única de teatro improvisado que representa as historias do público. É un teatro social que xera moita empatía, conecta ás persoas e promove o desenvolvemento humano e comunitario. Ten aplicacións en psicoterapia, traballo social, educación e organizacións humanas.

Fundado en 1975 por Jonathan Fox e Jo Salgas en EE.UU., o Teatro Playback expandiuse a máis de 70 países e é apoiado por organizacións internacionais como o Centre for Playback Theatre e a International Playback Theatre Network.

Neste breve documental recollemos testemuños de practicantes de Teatro Playback. Nel, cóntannos en que consiste esta disciplina, os seus beneficios e o que máis gozan ao practicala. Tamén falan de que lle dirían a alguén que estea a pensar en iniciarse. Ao final, presentamos o proxecto Teatro Playback Galicia

Ensínanos a comprender diferentes puntos de vista e conéctanos emocionalmente con outraspersoas.

Axuda a superar o medo escénico, a descubrir as nosas virtudes e a crer nelas.

Nos grupos de Playback xéranse relacións moi fortes nas que abunda o respecto e o afecto.

Axúdanos a estar en contacto san coas nosas emocións, escoitalas e autorregularnos.

Desenvolve as nosas ferramentas comunicativas emocionais, verbais e xestuais.

Permite desenvolver unha escoita máis sutil e profunda que permite unha maior comprensión mutua.

Estamos ao servizo da comunidade, o cal nos enche con propósito e un sentido de responsabilidade.

É unha actividade dinámica que promove a saúde física e axuda a combater o sedentarismo.

🐚

“Teatro Playback Galicia nace para introducir o Teatro Playback en Galicia, dalo a coñecer entre o público, formar a quen estea interesado en practicalo e ofrecelo á sociedade como ferramenta de teatro aplicado.”

Darío Gómez González

Fundador do proxecto Teatro Playback Galicia

GDPR Cookie Consent with Real Cookie Banner