Introdución ao Teatro Playback
Obradoiro intensivo de fin de semana
Descobre o Teatro Playback

Mergúllate nun mundo de teatro e improvisación desde cero. Se nunca fixeches teatro, este obradoiro é para ti! Se xa practicas teatro, pero queres descubrir como funciona o Playback, este obradoiro tamén é para ti!
Ofrecemos un obradoiro intensivo de seis horas en sábado. A nosa intención é realizar varios talleres de fin de semana en diversas localidades galegas. Se queres organizar un taller na túa localidade, contacta connosco.
Se che interesa, pero non temos ningunha data dispoñible, fala connosco, que che avisamos cando voltemos a facer un obradoiro na túa localidade.
Podes ver os próximos obradoiros que temos previstos no noso perfil de Instagram.

Que é o Teatro Playback?
O Teatro Playback é un tipo de teatro no que se representan en directo as historias que narra o público a través de técnicas de improvisación.
Cando é o obradoiro?
Chámanos ao 626 24 12 38 ou escríbenos a [email protected] para mostrarnos o teu interese. Cando haxa suficiente xente interesada, acordamos unha data que veña ben a todo o mundo.
Canto dura o obradoiro?
Son 6 horas de duración divididas en dous segmentos: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
Cal é o prezo do obradoiro?
Os obradoiros en Vigo e a súa área metropolitana custan 60 euros por participante. Noutros lugares de Galicia, o prezo é de 80 euros por participante.
Teño máis dúbidas, a quen me dirixo?
Podes contactarnos no 626 24 12 38 ou en [email protected]
